InicioSOCIEDADEA Coruña faise un oco nos premios de Alta Cociña de Madrid

A Coruña faise un oco nos premios de Alta Cociña de Madrid

Publicada o

Por editor

martes 18 de abril terá lugar a final do XI Premio de Alta Cociña da escola Le Cordon Bleu Madrid, na capital española. Nela participará o mozo galego de 19 anos Mateo de Miguel Blanco Martí, estudante do centro CEIP Paseo das Pontes da Coruña.

A final é en directo, dura 4 horas e compiten 10 finalistas que terán que enfrontarse a un xurado moi esixente entre os que se encontra Nacho Manzano, o famoso chef que xa conta con dúas Estrelas Michelín. Pero para chegar ata ela tamén necesitou do apoio do público, mediante plataformas como Facebook onde arrasou con 2.015 votos, o que máis coseguiu neste edición.

A final consistirá na elaboración dun plato cunha base común, polo de corral en salsa, peituga contisée e tartaleta de verudras, pero empregando técnicas libres e os ingredientes que elixan para así demostrar a súa técnica e creatividade.

O gañador, que se anunciará o mércores 22 de abril, optará a unha beca de estudos valorada en máis de 23.000€ e o seu centro recibirá unha axuda económica de 1.500€. O segundo clasificado terá acceso a unha beca de estudos de 8.500€.

ÚLTIMAS

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

Recrease un ataque terrorista a un barco na Coruña

A Armada realizou, este venres no porto da Coruña, o exercicio de seguridade marítima Marsec,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here